Lugo Monumental - 22 de decembro de 2024
Comezamos o evento en:
00
días
00
horas
00
minutos
00
segundos

10Km polo
corazón de Lugo

Un percorrido polo centro de Lugo e o seu casco histórico, cunha característica única nun evento deste tipo, a posibilidade de disputar a parte final da proba sobre un Monumento Patrimonio Histórico da Humanidade.

Os/as atletas ao longo da proba, correrán por algúns dos máis fermosos emprazamentos da capital lucense, escoltados en todo momento polas pedras da Bimilenaria Muralla Romana de Lugo.

Achégate a Lugo

Fundada polos romanos co nome de Lucus Augusti, a cidade de Lugo atesoura máis de dous mil anos de historia e patrimonio. A Muralla Romana é a mellor testemuña da súa evolución, pois dende que foi erixida perdurou inquebrantable ao longo dos séculos, converténdose no símbolo por excelencia desta cidade.

Ademais da muralla, son moitos os atractivos de Lugo que merecen uns días para perderse nas súas rúas. Ven con tempo e coñece todos os seus encantos: os seus monumentos, a súa gastronomía, a súa natureza, a súa xente...

- Ven dar unha volta por Lugo: Spot Oficial de Turismo de Lugo